Roteiro polas Fragas do Eume

Data: 08 de novembro 2015
Lugar: Monfero - A Capela (A Coruña)
Lonxitude: 15 km
Desnivel acumulado: 624 metros
Dificultade: Fácil
Track: wikiloc (ruta que seguimos)

Fragas do Eume
Volvemos ás Fragas do Eume, pero desta volta percorreriamos o curso baixo do río, unha senda moito máis cómoda que a do día anterior, e con menos drama. Aínda que tamén tivo algún punto conflitivo que comentarei máis adiante, o xusto para darlle emoción!

Aparcamos na marxe dereita do río, xusto ao pé dunha das pontes colgantes, que decidimos cruzar para evitar ir polo asfalto. Queremos monte!


E aló fomos subindo río arriba pola súa marxe esquerda, un camiño duns 4 kilómetros sen complicación algunha e que leva ata o Mosteiro de Caaveiro.



Este é o roteiro por excelencia para disfrutar das Fragas do Eume e a súa flora. Camiñar por estes sendeiros, non hai carto que o paghe!


Velaquí o punto máis difícil, unha pequena subida na que nos podemos axudar dunha corda, e logo unha baixada na que hai certo risco de resbalón (risco real, PASOU, pero imos omitir quen foi o/a que acabou co cu cheo de barro).



Pouco despois, atopámonos coa costa que sube ata o mosterio de Caaveiro, un lugar fermoso, restaurado e... cheo de domingueros. O máis difícil deste día foi sacarlle unha foto sen xente. Disfrutádeas.




Ao lado do mosterio pasa o rego da Mazoca, onde podemos contemplar outra pequena xoia arquitectónica.



Xantamos pola zona e logo, media volta e para a casa!

P.D. A ruta de wikiloc non é nosa, pero é a que nos coincide co traxecto. Iso si, creo que non fixemos ese desnivel nin de lonxe: agás a subida ao Mosteiro de Caaveiro todo era moi chan.


Ningún comentario:

Publicar un comentario