Data: 14 de xuño 2017
Lugar: Piedrasecha, norte de León.
Lonxitude: 6,7 km
Desnivel acumulado: 230 metros
Dificultade: Baixa
Track: Wikiloc
A ruta comeza na aldea de Piedrasecha, un municipio do norte de León, próximo á comarca de Babia.
Camiñamos paralelos ao río, deixándoo á nosa marxe esquerda. Ao pouco atopámonos cun gran penedo coñecido como El Serrón.
Despois dun chisco, o val comeza a pecharse e ímonos adentrando no desfiladeiro, pero antes fixámonos nunhas escaleiras que suben a man dereita. Lévanos ata a Cueva de Las Palomas, que alberga a ermida de "la virgen del manadero"
E introducímonos de cheo no desfiladeiro de los Calderones. Nesta época a auga tan só corre por debaixo da terra, pero en épocas de chuvias sae á superficie. Imos completamente afundidos na rocha, e a pesar de ser mediodía é raro o raio de sol que chega abaixo.
As imaxes son unha selección, algunha á subida, outras a baixada, polo que non se deben tomar como referencia.
Seguimos avanzando por este enorme rego aberto na caliza, e a paisaxe para nós, que estamos acostumados ao redondeado granito galego, é toda unha sopresa.
É dificíl darlle magnitude as paredes que nos rodean, pero en algunha zona é necesario forzar o pescozo para poder ver a parte superior.
Tanto na parte final coma na inicial a profundidade da garganda baixa ata convertirse nun val.
Finalmente, chegamos á Vega de Santas Martas, onde actualmente tan só hai unha cabana (e un millón de estrugas!), pero na que noutra época había un pobo que desapareceu de maneira tráxica.
O camiño continúa para subir ao "Collado de Tijero", pero tendo en conta como pegaba o sol, e que tiñamos por diante unha estancia en Babia bastante intensa, decidimos darnos volta e gardar forzas para o día seguinte, donde nos tocaría bailar coa Ubiñona!
Teño que decir que viñemos pensando que a parte de desfiladeiro ía a ser moito máis longa, pero a zona de cortados mide uns 800m e a máis espesctacular só uns 400m. Aínda así, si se fan outras actividades pola zona, esta é unha candidata a considerar pola espectacularidade dos cortados e o cerrado do desfiladeiro. Supoñemos que indo ata a golada da que falabamos antes e complementado coa ascensión a algún pico se poida facer de esta unha gran gran ruta.
O Desfiladero de Los Calderones é unha fonda garganta escavada por un río que, salvo en época de fortes choivas, discorre soterrado, permitíndonos transitar polo seu leito seco.
A ruta comeza na aldea de Piedrasecha, un municipio do norte de León, próximo á comarca de Babia.
Camiñamos paralelos ao río, deixándoo á nosa marxe esquerda. Ao pouco atopámonos cun gran penedo coñecido como El Serrón.
Despois dun chisco, o val comeza a pecharse e ímonos adentrando no desfiladeiro, pero antes fixámonos nunhas escaleiras que suben a man dereita. Lévanos ata a Cueva de Las Palomas, que alberga a ermida de "la virgen del manadero"
Trátase dunha pequena cavidade moi curiosa, que nos gustaría máis se non tivera enrexados e demáis.
E introducímonos de cheo no desfiladeiro de los Calderones. Nesta época a auga tan só corre por debaixo da terra, pero en épocas de chuvias sae á superficie. Imos completamente afundidos na rocha, e a pesar de ser mediodía é raro o raio de sol que chega abaixo.
As imaxes son unha selección, algunha á subida, outras a baixada, polo que non se deben tomar como referencia.
Seguimos avanzando por este enorme rego aberto na caliza, e a paisaxe para nós, que estamos acostumados ao redondeado granito galego, é toda unha sopresa.
É dificíl darlle magnitude as paredes que nos rodean, pero en algunha zona é necesario forzar o pescozo para poder ver a parte superior.
Tanto na parte final coma na inicial a profundidade da garganda baixa ata convertirse nun val.
Finalmente, chegamos á Vega de Santas Martas, onde actualmente tan só hai unha cabana (e un millón de estrugas!), pero na que noutra época había un pobo que desapareceu de maneira tráxica.
O camiño continúa para subir ao "Collado de Tijero", pero tendo en conta como pegaba o sol, e que tiñamos por diante unha estancia en Babia bastante intensa, decidimos darnos volta e gardar forzas para o día seguinte, donde nos tocaría bailar coa Ubiñona!
Teño que decir que viñemos pensando que a parte de desfiladeiro ía a ser moito máis longa, pero a zona de cortados mide uns 800m e a máis espesctacular só uns 400m. Aínda así, si se fan outras actividades pola zona, esta é unha candidata a considerar pola espectacularidade dos cortados e o cerrado do desfiladeiro. Supoñemos que indo ata a golada da que falabamos antes e complementado coa ascensión a algún pico se poida facer de esta unha gran gran ruta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario