Ascensión ao Garmo Negro (3051m)


Arista cimeira cos Pirineos franceses detrás, onde destaca o Midi d'Ossau
En Xuño do 2018 cumplimos un pequeno soño que tiñamos, que era viaxar a Pirineos e coñecer algún dos vales desta impresionante cordilleira. Levounos 10 horas de coche chegar ata o Valle de Tena donde nos aloxamos na pequena aldea de Sandiniés, que nos chamou a atención polo ben conservada que a atopamos e as suas fachadas cheas de flores. Fómonos cedo para a cama e cheos de ilusión porque ao día seguinte iamos tentar o noso primeiro tresmil!


Data: 19 de xuño 2019
Lugar: Baños de Panticosa (Huesca)
Lonxitude: 10km
Desnivel acumulado: 1400m
Dificultade: Media
Track: 

O Garmo Negro ten fama de ser un dos tresmiles más fáciles, pero sabíamos que en Xuño o Pirineo central adoita aguantar bastante a neve, e como viñamos de pasar unha primavera especialemente nevosa tiñamos dudas sobre o que nos podiamos atopar. Así pois, levantámonos as 4:30 para ter marxe e disfrutar o día sen presas, e as 5:30 estabamos saindo do coche en Baños de Panticosa.


As vistas dende o aparcamento xa nos deixan completamente impresionados. A luz dun amencer que aínda non se produciu ilumina os picos de Argualas, Garmo, Pondiellos, Arnales e Infiernos, mentres no sombrío val a auga brota por todas partes. Fixámonos no obxetivo do día, así como o gran desnivel que nos separa.


Comezamos a subir ca axuda da frontal, aínda que como estamos nunha das noites máis curtas do ano, pouco tempo a teremos acendida.


Vemos Baños metido no seu pechado val e centos de regatos por todas as ladeiras.


Temos que salvar 1400 metros de desnivel en cinco kilómetros, polo que sabemos que a pendente non pode dar moita tregua en todo o percorrido. Collemos altitude rápidamente polas zetas que nos conducirán á Mallata Baixa.


No codo dunha desas zetas atopámonos con esta estampa. Levamos 10 minutos de actividade pero xa estamos seguros de que pagou a pena o tute en coche.


Chegamos á Mallata Baixa, que é unha campa donde nos detemos a mirar como sol xa bate no Argualas.


De momento o camiño é moi cómodo.


As flores acaban de colorear a estampa no que parece un decorado.


Vese agora enganosamente preto O garmo no centro da imaxe, O Argualas á esquerda e á dereita solápanse o Pico de Pondiellos e o Arnales.


O ruído dos regos que forman a auga do desxeo acompáñanos durante toda esta parte.


O camiño vaise volvendo máis pedregoso a medida que ascendemos


Empezamos a atopar neveros e vemos como na zona alta vamos a pisar neve de forma ininterrumpida.


Unha pequena trepada antes de meternos de cheo na neve.


Dous montañeiros que se dirixen ao Pico de Pondiellos. A partir deste paso poñémonos os crampóns, xa que atopamos a neve irregular, con zonas brandas pero outras duras.


Estamos agora a unha altura considerable e xa temos amplas vistas de todo o val que queda aos noso pes.


Camiñamos un bo rato a media ladeira por unha neve bastante incómoda


Enfilamos a subida ao falso collado, meténdonos entre o Argualas e o Garmo


Facemos unha parada porque a neve está moi branda, facendo moi cansa a ascensión. A última pala de subida é moi inclinada, afundíndonos ata máis do xeonllo a cada paso, polo que nin facemos unha foto ata que chegamos arriba.


Chegamos á parte alta, agora só nos queda un pequeno cacho de cresta ata o cumio.


A neve acumulada "afiou" a cresta, formando unha arista de sensacións bastante aéreas. Mirando atrás vemos a arista e a parte francesa dos Pirineos, coa inconfundible silueta do Midi d'Ossau dominando a paisaxe de forma indiscutible.


Despois de seis horas de ascensión estamos no cumio do Garmo Negro, o noso primeiro tresmil! É un momento moi especial, no que disfrutamos da soidade na cima neste día de boa visibilidade e sen vento.


As vistas son impresionantes, case inabarcables, pero o que máis chama a atención son os cercanos Infiernos, ca sua marmolera no medio.


Aos nosos pés, aínda conxelados, os Ibóns de Pondiellos.


Paisaxe de alta Montaña moi diferente ao que coñecemos en saídas anteriores. Distínguese ao fondo o Lurien e Balaitús, asomando por detrás un chisco o Palas.



Cara o Oeste destaca o Tendeñera


Regresamos polo mesmo camiño, ca neve máis pesada agora. Paramos na mallata baixa para admirar esta zona que acabamos de coñecer.


E xa no aparcamento, vemos agora coa luz do día a estampa da mañá. Tirámonos na herba a descansar, pois despois de 11 horas de actividade e pelexarnos ca neve papa estamos derreados pero satisfeitos da experiencia que acabamos de vivir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario