Laguna de las Verdes e Pico Montihuero (2180m)

Data: 17 de xuño 2017
Lugar: Babia (León)
Lonxitude:  15,7km
Desnivel acumulado: 1000m
Dificultade: Media 
Track: Wikiloc


Laguna de las verdes e Pico Montihuero
Cando planeábamos qué facer en Babia, descubrimos a Laguna de Las Verdes e o seu espectacular entorno, baixo a sombra dun paredón calizo. Buscando máis información demos con que esas paredes pertencen ao Montihuero, un pico con certa entidade pero cuxa ascensión é sinxela. Así pois, xa tiñamos organizada unha xornada completa por estes montes!
Deixamos o coche no pobo de Torre de Babia e botámonos a andar por unha das duas pistas de terra que cruzan a aldea en dirección norte. Ao rematar Torre, as pistas confluen nunha soa, e descubrimos con pena que a partir de aqui van escasear moito as árbores e a sua sombra. Seguimos en plena vaga de calor, e o sol xa comeza a castigar!


A pista, sempre co río á nosa dereita, gaña altura moi lentamente e levaranos un bo rato percorrela. Esta primeira parte é un pouco tristona, para nada se pode esperar un como cambiará o panorama.


Moi lonxe, ao fondo do val, a cresta de La Cerbata é o único reseñable da paisaxe neste tramo.
Podemos adivinar o trazado do camiño de retorno pola parte dereita do val.


A pista morre en Majada Las Verdes, onde hai unha cabana e unha braña totalmente seca. Neste punto comezamos a virar un pouco e xa podemos ver as grandes moles, que foi ao que viñemos. Nese momento non o sabíamos, pero o que estabamos a ver era o obxetivo do día, o Montihuero.


Aliviados de cambiar a pista rodada por un sendeiro, chegamos a unha ladeira onde, se ben a ruta non ten complicación algunha nesta época do ano, con neve pode ser algo delicado.


Andamos un chisco máis e agora si que si, a paisaxe comeza a coller aires de alta montaña. O cambio é repentino e chama a atención o rápido que se pasa un dun ambiente ao outro.


Seguimos por unhas campas de herba á beira do regato que contrastan cas paredes calizas do Montihuero.


Antes de chegar á Laguna de las Verdes, o río fai un caprichoso meandro co Pico Chabuezo ao fondo.


E por fin chegamos ao pé da Laguna de las Verdes! Tiñamos medo a que este sol que tanto castigou tamén secara a lagoa, pero descubrimos que non, que aínda ten auga e facendo honra ao seu nome, aparece cuberta por un manto vexetal.


O montihuero ten un gran farallón que dende embaixo parece o cumio. Baixo a súa sombra observamos mellor a contorna e apostamos a que ese nome se debe ás espadañas que medran na lagoa durante o verán.


Iniciamos a ascensión ao Montihuero pola gran canal da súa cara norte, que resulta ser un enorme canchal. Imos buscado o seu lado dereito na procura dun camiño máis cómodo.


Na metade da dura subida sorpréndenos o descanso que ofrece esta campa chá. Subiremos buscando un paso pola dereita, pero o regreso farémolo pola pequena canal que se ve na parte esquerda da foto.



Alcanzado o cordal, hai que rodear o circo que víamos hai un pouco para poder encaramarse xa ao cumio do Montihuero, co seu vértice xeodésico e os Los Fontanes, Ubiña e Ubiña Pequena ao fondo.


A verticalidade sobre laguna de las verdes é impoñente, e hai que destacar que o saínte que vemos aqui en segundo plano é a parte de arriba da Espadaña. Como nos engana a perspectiva!


Esta é a canle pola que descendemos. Non ten maior dificultade que a inclinación e que o terreno é unha especie de barro que se desfai ao poñerlle o pe.


Hai uns banderís vermellos, pois por aquí terá lugar a carreira "Las Verdes Trail Running" dentro de pouco. A canal deixanos na campa verde que mencionamos antes.


Logo queda baixar a pedrera para voltar a Laguna de Las Verdes, que como todas, é bastante incómoda . Dende aquí as visión do Montihuero coa lagoa aos seus pes é impresionante, e dificilmente se pode transmitir a sensación cunha foto, porque a escala é inmensa.


Pouco a pouco ímonos aloxando da lagoa, pero non podemos evitar botar a vista atrás de cando vez para volver contemplala. Agora diferenciamos ben a Españada do cumio, que queda á dereita de todo case tapado.


Seguimos camiñando en dirección Noroeste. O noso obxetivo agora é dar un pequeno rodeo para non vir polo mesmo camiño e facer a ruta parcialmente circular.


Retornando xa, vemos como muda a vista do montihuero segundo donde nos atopemos.


Avanzamos por un cómo sendeiro co sol de mediodía pegándonos de cheo.


O camiño pasa polo carón dunha pociña, que ten pinta de convertirse nunha lagoa cando hai máis auga.


Chegamos a unha majada cun gran número de cabalos pacendo tranquilamente.
O sol non dá tregua e apenas hai zonas de sombra onde refuxiarse del.


Termínase o sendeiro e volvemos á pista que nos conducirá a Torre de Babia. Votamos a vista atrás e despedímonos cun pouco de pena destas montañas, pois toca voltar á casa.


Que ben nos trataches, Babia!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario