Las Médulas

Lugar: Las Médulas, O Bierzo, León
Data: 6 de decembro de 2014

As Médulas vistas dende a galería do mirador de Orellán
Por motivos laborais, este verán non temos tempo para facer roteiros, así que tiramos de antigas escapadas e deste xeito tamén movemos o blog do Barbanza, que de vez en cando presta moito.
Un pequeno roteiro que me impresionou e encantou pola súa peculiaridade, foi percorrer Las Médulas. A decisión de achegarnos ata alí foi algo improvisada pero, sen dúbida, todo un acerto.

Hai que dicir que, obviamente, non se trata dunha paisaxe natural, senón que é unha antiga mina romana de ouro. Moito cavou esa xente!


Non subimos track GPS porque o ideal é adentrarse na explotación e seguir os camiños indicados que parten do pobo de Las Médulas, e que non salvan apenas desnivel nin teñen pérdida algunha.


Sorprendeunos moito a paisaxe, tan distinta a todo canto viramos.


Existen algunhas covas que se poden visitar: La Cuevona e La Encantada. Moi molón todo.



Tamén nos atrevemos a subir a algúns dos pequenos cumios que había polo parque, para contemplar as vistas desde alí. Non foi idea miña, e a baixada era algo resbaladiza...


Por último, collemos o coche e achegámonos ata o mirador de Orellán, onde se pode observar toda a explotación de forma panorámica. Desde aquí é tomada a típica imaxe das Médulas, e nós obviamente non iamos ser menos.


Ao lado do mirador, hai unha galería máis profunda acondicionada para a súa visita. Había que pasar por caixa (3 euriños) e prestábanche un casco que foi máis útil do que pensabamos nun principio, xa que por zonas o teito estaba bastante baixo. E non iamos quedar cas ganas.


E ata aquí, un lugar diferente e que paga a pena visitar. Por sorte, aínda non está moi turistificado, no festivo dunha ponte e estábase moi a gusto. Así que aproveitade antes de que se poña de moda e haxa que facer cola e pagar entrada!

P.D. ¡Están locos estos romanos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario