Collado de Fuente Soles (Picos de Europa)

Data: 21 de outubro 2015
Lugar: Sotres - Picos de Europa
Dificultade: Baixa

Vistas de El Valle del Duje desde Collado Varera
Pois fomos de vacacións aos Picos de Europa, e foi alucinante, o paraíso.
O día que chegamos, aínda que xa era tarde, decidimos dar unha volta polos arredores de Sotres, a aldea onde nos aloxabamos e que se atopa a 1.045 metros de altitude.

Primeiro, subimos ata o Collado Varera, onde puidemos ver parte do Valle del Duje.
Fomos subindo ata o Collado del Medio, a 1.233 metros, e logo ata Fuente Soles, a 1.511, onde ¡BOOOM! O Macondiú apareceu impoñente diante nosa.


Baixamos ata o camiño que vai do Casetón de Ándara a Jitu Escarandi. Puidemos contemplar o pobo de Sotres todo outonal... Unha época estupenda para visitar a zona.



Non temos track porque alguén olvidou o reloxo GPS na casa ¬¬. Pero polos arredores de Sotres hai multitude de camiños polos que dar un pequeno paseo. Aínda que nós, así ao despiste, debemos facer preto de 500 metros de desnivel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario